
O Observatorio da Cultura Galega presenta o estudo “Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega”
- O 15/12/2020
O Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega (CCG), presentou o estudo Influencia da COVID-19 nos hábitos culturais da poboación galega.
Aumento da frecuencia de lectura e descenso da compra de libros
O estudo constata que o 23,9% le máis e o 10,9% le menos ou deixou de ler. A xente nova é a que, en maior medida, aumentou a frecuencia de lectura, xa que un 39,4% le máis ou moito máis ca antes. Son as mulleres as que máis len, pero tamén as que en maior medida deixaron de ler ou fano con menos frecuencia. A compra libros descendeu un 17,7% en favor da lectura a través de préstamos e de descargas gratuítas.