30 aniversario de “A cidade dos Césares”, de Víctor Freixanes
- O 26/07/2022
Galaxia conmemora o 30 aniversario de “A Cidade dos Césares“, de Víctor Freixanes, obra gañadora do Premio de Novela Torrente Ballester no 1992. Case trinta anos despois, o autor ofrece esta edición corrixida e revisada.
“A cidade dos Césares” é un dos grandes textos da literatura galega contemporánea. Entre 1776 e 1783 arredor de cincocentas familias de Galicia, Asturias e a Maragatería embarcaron na cidade da Coruña para ir poboar terras ao sur da provincia de Bos Aires, o que os historiadores coñecen como a Expedición das Familias. Alí crearon varios asentamentos, dos que unicamente sobrevive Nosa Señora do Carme de Patagones, na boca do río Negro. O conde de Floridablanca e os ministros de Carlos III deseñaron a ocupación para evitar que o inglés se establecese naquelas latitudes.
Cen anos despois, en 1885, o piloto de Noia, Basilio Vilariño, evoca aquelas xornadas dialogando co gaiteiro, Chinto de Muras, mentres o exército arxentino entra na antiga aldea de colonos, despois de vencer na montaña a derradeira resistencia das tribos indíxenas. Diálogo entre defuntos, apenas sombras no medio do lamazal.
https://editorialgalaxia.gal/produto/a-cidades-dos-cesares/