
«BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS», 3º PREMIO NACIONAL AOS LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS MELLOR EDITADOS
- O 25/11/2020
«Bechopoemas e outras bestas», con versos de Leire Bilbao ilustrados por Maite Mutuberria, vén de ser distinguido polo Ministerio de Cultura co 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados en 2019 na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil “pola súa maquetación limpa con ilustracións orixinais e coherentes cos textos”. Este recoñecemento súmase ao Premio Euskadi de Literatura 2017 e ao Premio Kirico ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil de 2019.
+INFO:
https://www.kalandraka.com/bechopoemas_e_outras_bestas-978-84-8464-489-7-galego-2481.html