
Convocatoria VI Concurso “Balbino” de Relatos
- O 10/02/2021
Edicións Fervenza coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces, a Fundación Xosé Neira Vilas convocan a nova edición do Concurso “Balbino” de Relatos na súa sexta edición.
BASES
O orixinal deberá cumprir unha serie de requisitos formais aos que se pode acceder en www.concursobalbino.com entre os que destacan: ter unha extensión de entre 100.000 e 180.000 caracteres, estar escrito en galego e xirar arredor dunha temática vinculada co rural, o mar ou a emigración.
O concurso nace ao abeiro do célebre escritor Xosé Neira Vilas, dándolle o nome do seu personaxe máis emblemático, Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego.
Este concurso de relatos pretende ser un estímulo para todas aquelas persoas que queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura, historia, tradicións, etc. De periodicidade anual, o Concurso “Balbino” de Relatos está aberto á participación de calquera persoa, independentemente da súa idade ou nacionalidade.
Os orixinais poden presentarse por correo electrónico concursobalbino@gmail.com en formato .pdf e desde un enderezo electrónico onde non se identifique á persoa autora do texto ou tamén se poden presentar cinco copias impresas en papel debidamente encadernadas e con dous sobres onde debe figurar o lema e título e noutro deben figurar todos os datos da persoa autora do texto.
A data límite para presentar o texto orixinal é o mércores 30 de xuño de 2021.
Premio
A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que dará o fallo no mes de setembro, terá unha dotación económica de 1.500 euros e será publicada por Edicións Fervenza.