
Ézaro Ediciones presenta en Lugo ‘A conto do literario’, de Alfredo Conde
- O 29/11/2022
O mércores, 30 de novembro, ás 19:30, o Vello Cárcere de Lugo acolle a presentación do libro ‘A conto do literario’, de Alfredo Conde, coa intervención de Lois Caeiro.
Un libro cheo de referencias a persoas e institucións do mundo da cultura escrito cun estilo mordaz e irónico e desde unha perspectiva totalmente libre e independente.