
«GALIZA E PORTUGAL, DOUS MERCADOS QUE SE IGNORAN?», LEMA DO 1º ENCONTRO DA EDICIÓN QUE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS CELEBRARÁ EN COMPOSTELA O 25 DE SETEMBRO
- O 17/09/2018
«GALIZA E PORTUGAL, DOUS MERCADOS QUE SE IGNORAN?», LEMA DO 1º ENCONTRO DA EDICIÓN QUE A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS CELEBRARÁ EN COMPOSTELA O 25 DE SETEMBRO
- O 1º Encontro da edición galega e portuguesa organizado pola AGE desenvolverase no Auditorio do Consello da Cultura Galega na xornada do martes 25 de setembro.
- Intervirán editoras, distribuidoras, promotoras culturais, docentes, escritoras e escritores.
- Con “Galiza e Portugal: dous mercados que se ignoran?” o gremio quere promover a reflexión e o debate sobre o intercambio comercial entre ambos os dous mercados.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2018.– “Galiza e Portugal: dous mercados que se ignoran” é o lema do 1º Encontro da edición galega e portuguesa que organizará o 25 de setembro a Asociación Galega de Editoras en colaboración con Cedro, o Consello da Cultura Galega e coa Xunta de Galicia, e que se vai celebrar no Auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.. O gremio editorial galego reúne a diferentes expertos da escrita, da edición, da promoción da lingua e da distribución para retomar o debate histórico sobre un posible intercambio comercial, normalizado, entre o sector do libro galego e o portugués.
Tres mesas redondas vertebran o programa que se terá lugar o martes, 25 de setembro, en xornada de mañá e de tarde. A sesión de mañá iniciarase ás 10:30h. coa mesa redonda: Olladas desde a escrita, na que participarán José Viale Moutinho, escritor, Premio Rosalía de Castro,Teresa Moure, escritora e profesora na USC, Carlos Quiroga, escritor e profesor na USC e Suso de Toro, escritor, Premio Nacional de Narrativa.
A sesión da mañá continúa coa mesa redonda: Olladas desde a promoción da lingua, con Carla Sofía Amado, Instituto Camões de Vigo, Carlos Nogueira , profesor na UVigo e Elisabete Ramos, tradutora e autora de Portugalizar.
O 1º Encontro da edición galega e portuguesa rematará pola tarde coa mesa redonda: olladas desde a edición e a distribución que se iniciará ás 16:30h. e contará coa participación de Luis Catarino, Deriva Editora, Dora Forcas, Distribuidora Bertrand, Margarida Noronha, Kalandraka Portugal e Glicéria Pereira, FNAC Lisboa.
Asociación Galega de Editoras
s.tecnica@editorasgalegas.gal
tel. 881 81 72 64 – 609 83 15 11