
Hércules presenta ‘Paco del Riego. Un home irrepetible’, de Blanca-Ana Roig Rechou, en Compostela
- O 13/03/2023
A investigadora Blanca-Ana Roig Rechou presenta a súa biografía Paco del Riego. Un home irrepetible, o martes, 14 de marzo, ás 19:30, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. A autora estará acompañada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, a editora, Laura Rodríguez Herrera, e a profesora de Didáctica de Lingua e Literatura da USC e investigadora do Centro Ramón Piñeiro, Marta Neira.