
Informe ANELE: Os libros e os contidos educativos contribúen a darlle continuidade ao proceso de ensino-aprendizaxe nun curso atípico
- O 11/09/2020
Os libros e os contidos educativos contribúen a darlle continuidade ao proceso de ensino-aprendizaxe nun curso atípico
- As empresas editoriais realizaron un importante esforzo para ampliar e enriquecer a súa oferta editorial e facilitar ferramentas, en papel e dixitais, que axuden á comunidade educativa durante este curso.
- As editoriais asociadas a ANELE incrementaron notablemente a súa oferta de contidos e libros dixitais un 28% con respecto ao curso anterior para completar un catálogo de 23.404 títulos.
- As editoras recordan que nos contidos educativos en papel (libros de texto), inclúen o acceso aos contidos dixitais que complementan o proxecto editorial.
- Durante as semanas de confinamento, o número de accesos aos contidos educativos aumentaron un 350%, e máis de 3.700.000 entre alumnado e profesorado solicitaron licenzas de acceso ás plataformas en liña das editoriais.
Os libros e contidos educativos, tanto en papel coma en dixital, elaborados polas editoriais son ferramentas necesarias para afrontar un curso atípico como consecuencia da pandemia da Covid-19 e darlle continuidade ao proceso de ensino-aprendizaxe. Así o expón o Informe ‘El libro educativo en España. Curso 2020-2021’ elaborado pola Asociación Nacional de Editores de Libros y Material de Enseñanza (ANELE).
Accede á nota de prensa emitida por ANELE e ao informe completo: web ANELE