Mergúllate tamén en setembro. Novos contidos da campaña de lectura en galego promovida pola AGE
- O 02/09/2020
Santiago de Compostela, 2 de setembro 2020.- Mergúllate. Le en galego, a campaña de promoción da lectura iniciada no 2019 que promove a Asociación Galega de Editoras, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, segue a actualizarse coa difusión de novos contidos ao longo deste ano.
As videocreacións e o material gráfico foron elaboradas pola produtora creativa Illa Bufarda e, dende o inicio da campaña de promoción da lectura en lingua galega, difúndense a través das redes sociais da Asociación Galega de Editoras.
A canle de Youtube da AGE, desde a que se difunden os BookshelfTour completos da campaña Mergúllate. Le en galego, ofrecerá nas vindeiras semanas máis material gráfico e audiovisual.
Accede ao contido dispoñible:
Avance da campaña Mergúllate. Le en galego
Campaña Mergúllate. Le en galego