Laiovento prensenta ‘Loaira’, de Anxo A. Rei Ballesteros, en Compostela
- O 09/01/2024
O 9 de xaneiro, ás 19:30, Laiovento prensenta Loaira, de Anxo A. Rei Ballesteros, na libraría Couceiro de Compostela
No acto de presentación participará a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e proxectarase un vídeo do autor falecido, falando da súa obra. Intervirán María Xesús Armada, viúva do autor, e Marga Alborés, amiga e inspiradora dalgúns fragmentos de Loaira. Pechará o acto o responsable da edición, Manuel Castelao.