
O presidente da AGE participará no Simposio Internacional Promoción Cultural nas Feiras Internacionais do Libro
- O 10/03/2021
O presidente da AGE, Henrique Alvarellos participa mañá mércores, 11 de marzo, na mesa redonda A tradución e as editoriais nas FIL do Simposio internacional Promoción Cultural nas Feiras Internacionais do Libro (10 a 12 de marzo 2021). A actividade será retransmitida a través da web da entidade colaboradora (www.consellodacultura.gal ) e da súa canle en Youtube (https://www.youtube.com/user/ConsellodaCultura ). O evento estará dispoñible en datas próximas na web Culturfil (https://culturfil.org ) e mais na Mediateca web do Consello da Cultura Galega e na súa canle de Youtube
O simposio insírese no proxecto de investigación CULTURFIL (www.culturfil.org ). Nel abórdanse as feiras internacionais do libro (FIL) desde a perspectiva dos Estudos da Cultura, a Socioloxía da Tradución e a Economía da Cultura, cun equipo pluridisciplinar e internacional. O seu obxectivo é mellorar o coñecemento sobre as FIL como instrumentos de promoción cultural e coñecer se a condición de “convidado de honra” nelas permite un acúmulo estábel e visíbel de capitais (especialmente de tipo simbólico mais tamén económico e cultural) no espazo transnacional das relacións literarias, culturais e políticas.
Máis info: http://consellodacultura.gal/